Noite de Samain: pinchada Nonamedjs

31 Outubro, 2024
18:00
No Ghato

Este xoves 31 en O Ghato de Mar viviremos unha noite máxica, misteriosa e chea de festa! O Samain chega con forza, e queremos que o celebres con nós ata ben entrada a madrugada. 🕒 Si, ampliamos horario ata as 03:00h, porque unha noite de espíritos tolos merece todo o tempo do mundo para dar o mellor de ti.

🎶 A música corre a cargo de @_nonamedjs, que traerán os ritmos máis arrepiantes (e bailables). Prepara os pés, que esta noite non deixaremos de movernos!

👻 Disfraces obrigatorios? Non exactamente, pero xa sabes: un bo disfraz é a chave para conquistar a noite, e quen sabe… quizais te leves algunha sorpresa!

🍺 Birrotes e bo rollo: Como sempre, tiradores rotativos con cervexas artesanais galegas e de importación, que fan que cada pinta sexa unha nova experiencia.

👉 Non deixes que cho conten! Este 31 de outubro celébrase o Samain en O Ghato de Mar, o lugar onde as noites de medooo son tamén noites de risa, festa e boa cervexa. Vémonos alí!

Loading...