Responsables do Tratamento
- Solfabirras SL
- NIF B10984771
- Email: info@oghatodemar.gal
- Dirección Postal: Rúa David Cal, 13, 36940 – Cangas
Finalidades de Tratamento
- Contactos comerciais:
- Usuarios Web: consultas que se realizan a través do formulario “contacto”, en nos que se solicitan datos identificativos do interesado en orde a resolver a súa petición/consulta.
Os datos que lle solicitamos son adecuados, pertinentes e estritamente necesarios e en ningún caso está obrigado a facilitárnolos, pero a súa non comunicación poderá afectar a finalidade do servizo ou a imposibilidade de prestalo.
En caso de ser facilitados polo usuario datos de contacto persoais de terceiras persoas, este comprométese a comunicarlles aos titulares dos devanditos datos a presente cláusula, informándoos, con carácter previo á devandita comunicación a Solfabirras SL de tódolos aspectos recollidos na mesma, en especial a identidade e datos de contacto do titular, as finalidades do tratamento e a posibilidade de exercicio de dereitos. En caso de non ser comunicada, o usuario comprométese a deixar indemne a Solfabirras SL, por calquera dano, prexuízo, gasto ou sanción de calquera orde xurisdicional que puidese traer causa da falta de comunicación desta cláusula aos titulares dos datos facilitados polo usuario.
En Solfabirras SL adoptamos todas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Prazo de Conservación
Os datos proporcionados polos usuarios da web conservaranse o tempo estritamente necesario que esixa a normativa legal aplicable, momento no cal se procederá á súa supresión:
- Usuarios web: indefinidamente, salvo solicitude expresa de supresión.
En calquera caso, será o mínimo necesario esixido pola lexislación aplicable vixente.
Base Legal do Tratamento
O seu expreso consentimento permítelle a Solfabirras SL o tratamento dos seus datos para as distintas finalidades descritas no epígrafe anterior.
Os datos só poderán ser utilizados para os fins expostos, de acordo cos principios de transparencia e de limitación da finalidade.
Destinatarios dos Datos
Soamente lles comunicaremos os seus datos a terceiros naqueles casos nos que exista unha obrigación legal en materia fiscal, financeira, prevención de fraude ou branqueo de capitais, seguridade social ou outras impostas por organismos de supervisión ou autoridades de control.
Así mesmo, comunicarémoslles os seus datos de carácter persoal indispensables a aquelas entidades que lle presten un servizo á empresa en calidade de encargados de tratamento no caso de que se estableza unha relación comercial coa empresa ou pase a formar parte do persoal por ser seleccionado para un posto de traballo na empresa.
Dereitos que lle Asisten
- Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais: vostede poderá preguntarlles a Solfabirras SL, se está a tratar os seus datos e que datos trata.
- Dereito a solicitar a rectificación dos seus datos persoais (se considera que son incorrectos) ou a súa supresión (dereito ao esquecemento).
- En determinadas circunstancias, dereito a limitar o tratamento dos seus datos persoais, nese caso unicamente serán conservados pola entidade para a xestión da relación contractual que manteñen.
- En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, dereito a opoñerse ao seu tratamento, salvo que por motivos lexítimos ou obrigación legal expresa sexa necesario continuar o tratamento.
- Dereito á portabilidade de datos: dereito a recibir os datos persoais que incumben ao interesado e que tratase Solfabirras SL nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica e transmitirllos a outro responsable do tratamento.
- O interesado poderá exercitar estes dereitos mediante o envío dun correo electrónico á dirección info@oghatodemar.gal, achegando unha copia do DNI ou documento similar que o identifique.
- Se o interesado non está de acordo co modo no que Solfabirras SL está a tratar os seus datos, pode dirixirse ao Responsable de Tratamento na dirección postal arriba indicada ou á Autoridade de Control en materia de Protección de Datos que en España é a Axencia Española de Protección de Datos.